2011/01/26

27-X, folga xeral para salvar a democracia

“As únicas folgas que fracasan son as que non se convocan”. Así contesta Suso Seixo, secretario xeral da CIG, cando se lle pregunta se non ten medo a que a folga convocada en solitario pola central sindical nacionalista para o xoves, 27 de xaneiro conte con pouca participación.
É unha resposta valente, como o é tamén a convocatoria da folga por parte da CIG. Ninguén dubida que a gran maioría dos galegos está en contra das medidas que pretende impor o goberno central, coa súa política de submisión ás altas finanzas.
A folga do 29-S xa foi un éxito en Galiza e, nesta ocasión, aínda hai moitos máis motivos para unha mobilización, pois os ataques son máis fortes e continuados e as consecuencias moito máis perniciosas para as clases populares. O que tratan é de mudar o modelo social e económico nunha dirección aínda máis antipopular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario